CIG pechou 2015 sendo a central sindical maioritaria na provincia de pontevedra
O sindicato CIG fixo balance do período electoral 2015 que por primeira vez consegue ser maioritaria na provincia, sácalle 100 delegados a UXT e 140 a CC OO no proceso electoral, sinala Marcos Conde, secretario comarcal da central.
Este é o sindicato con maior representación na comarca e na unión local de Pontevedra. É maioría nos sectores da construción, metal, servizos, ensino, químicas... Un éxito que Marcos Conde atribúe ao recoñecemento ao traballo realizado nos últimos anos pola CIG, ao seu defensa da clase traballadora e ao feito de que o sindicalismo estatal non está a dar resposta ás demandas dos traballadores. |
Marcos Conde criticou que o sindicalismo estatal aceptase mesmo os recortes nas pensións ou firmas de convenios que claramente supoñen unha marcha atrás nos dereitos dos traballadores.
FECHA: a las 07:43h (669 Lecturas)
TAGS: Cig, Vigo, sindicato, psa, peugeot, Citroen, galicia, galiza
AUTOR: CIG Citroen
EN: Bienestar