A CIG desbanca a CCOO e dispútase coa UGT ser a primeira forza sindical en Galiza
A CIG foi a única central sindical –das tres máis representantivas- que incrementou a súa representatividade no período dos últimos catro anos (2012-2015). Acada un total de 4.259 delegados e delegadas, o 27,6% dos electos, 280 por riba de CCOO e a 162 da UGT. É ademais primeira forza sindical nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Ferrol e nas federacións de Administración, Saúde, Ensino Público e Industria e segunda nas comarcas de A Coruña, Santiago e Ourense.
Cadros : http://www.cigcitroen.com/2016/01/a-cig-desbanca-ccoo-e-disputase-coa-ugt.html
O secretario xeral, Suso Seixo, considera que “estamos diante dun importante éxito e recoñecemento do traballo feito pola nosa central sindical” e valora especialmente que estes resultados se acaden “nunha situación social e laboral moi dura para a clase traballadora galega” por mor dos altos índices de desemprego; coa emigración de miles de galeg@s; a caída dos salarios; o incremento da precariedade e da flexibilidade laboral e o debilitamento en xeral da clase traballadora fronte a patronal, como consecuencia da crise económica e das profundas contrarreformas laborais levadas adiante polos gobernos españois, nos últimos anos.
Para Seixo cómpre recoñecer a “valentía” e o “compromiso” dos miles de traballadores e traballadoras galegas que decidiron presentarse pola CIG “na defensa dos seus intereses como clase”, fronte a outras centrais sindicais que “gozan de simpatías e apoios por parte da patronal”, dixo. Un compromiso que asumiron a pesar de “sufrir, en moitos casos a represión dos/as empresarios/as e mesmo arriscando o seu posto de traballo” denunciou.
FECHA: a las 08:13h (1262 Lecturas)
TAGS: Vigo, Citroen, PSA, peugeot, sindicato, galicia, galiza
AUTOR: CIG Citroen
EN: Servícios